Para as comunidades de augas da Galiza

A auga é de todos.
A xestión, máis sinxela.

O traballo da directiva e a información das familias, nun mesmo lugar. Organiza lecturas, coida a rede e mantén a comunidade ao día.

  • En galego
  • Móbil e ordenador
  • Lecturas sen cobertura
  • Comezo acompañado

Un primeiro percorrido pola app, sen compromiso.

Inicio do portal familiar: consumo, calidade, reservas, avisos e accesos para comunicar avarías e consultar documentos.
A túa auga, á vista.Interface actual · comunidade e datos de exemplo

Unha comunidade, distintas tarefas

Cada persoa atopa o que necesita.

A directiva organiza, o equipo traballa no terreo e as familias consultan a súa auga. Todo conectado, con accesos segundo a responsabilidade de cada persoa.

Para a directiva

Un lugar para organizar o día a día e dar continuidade ao traballo da comunidade.

  • Prioridades, incidencias e tarefas pendentes á vista.
  • Familias, tomas, rede e documentación coa súa historia.
  • Campañas compartidas e avisos para manter informadas as familias.

Para quen traballa no terreo

Lectores e operadores co que necesitan para realizar o traballo que teñen asignado.

  • Lecturas no móbil, coa referencia anterior e o itinerario preparado.
  • Rondas sen cobertura, preparadas antes con conexión.
  • Ordes de traballo con instrucións e rexistro da intervención.

Para as familias

A súa auga, explicada con datos, datas e información publicada pola comunidade.

  • Consumo propio, histórico e límites informativos.
  • Calidade, reservas, avisos e documentos nun mesmo lugar.
  • Unha vía para comunicar avarías e seguir as súas solicitudes.

Da lectura ao seguinte relevo

O día a día, conectado.

Cada lectura, aviso e intervención queda no seu sitio. Para resolver o de hoxe e conservar o que fará falta mañá.

01

Familias, tomas e contadores

Organiza contactos e accesos. Conserva o histórico cando cambia a titularidade ou se substitúe un contador.

02

Lecturas e consumos

Prepara campañas e itinerarios, retoma a ronda e revisa lecturas pouco habituais. Consulta consumos e límites informativos.

03

Avarías e mantemento

Segue as incidencias, asigna ordes de traballo e deixa constancia das reparacións, revisións e limpezas.

04

Calidade, rede e reservas

Rexistra controis, analíticas e medicións dos depósitos. Consulta cada resultado coa súa data e comparte a información publicada.

05

Avisos para a comunidade

Publica cortes, obras e comunicacións na app e por correo. Os contactos con email tamén poden recibir avisos sen ter conta.

06

Documentos e informes

Xera PDF e Excel e escolle que documentos ven as familias. Prepara dossiers para revisión e presentación manual.

Cada persoa accede á información e ás tarefas que lle corresponden.

Feita desde a realidade comunitaria

A directiva cambia.
A memoria queda.

AUGAS nace das necesidades de Augas do Galiñeiro, en Vincios. Unha comunidade con décadas de traballo compartido e unha idea moi concreta: que a información siga na comunidade cando chega o seguinte relevo.

Augas do Galiñeiro Vincios · Gondomar

1974
ano de fundación
508
tomas de auga

O punto de partida do proxecto. Tecnoloxía ao servizo da xestión comunitaria.

Como empezar

O primeiro paso é coñecernos.

Unha demostración coas vosas dúbidas sobre a mesa e un comezo acompañado, adaptado á comunidade.

  1. Vemos a vosa comunidade

    Nunha demo guiada falamos do que máis traballo vos dá e ensinámosvos como se resolve en AUGAS.

  2. Preparamos os datos

    Configuramos o punto de partida: familias, tomas, rede e itinerarios. Podedes incorporar datos e lecturas que xa tedes en Excel.

  3. Convidades as persoas

    A directiva activa a comunidade e autoriza os accesos. O equipo comeza a traballar e as familias reciben o seu convite.

Dúbidas frecuentes

Antes de dar o paso.

Necesitamos instalar algo?

Podedes usala no navegador do móbil ou do ordenador. Tamén se pode gardar como app no móbil. Cando hai unha nova versión, AUGAS avisa para actualizala sen interromper o traballo pendente.

Podemos ler contadores sen cobertura?

Si. Primeiro hai que preparar a campaña con conexión nese dispositivo. Despois podedes rexistrar as lecturas, interromper a ronda e retomala. Ao recuperar conexión, sincronízanse coa mesma conta e cunha sesión válida.

Podemos traer os datos que temos en Excel?

Si. AUGAS permite importar familias, tomas e contadores, ademais das lecturas históricas, mediante modelos CSV ou Excel. Os datos revísanse antes de confirmar a importación e os erros indícanse por fila.

Como entran as familias e o equipo?

A directiva envía os convites e autoriza os accesos. Cada persoa usa a súa propia conta; a familia consulta a súa información e o equipo accede ao traballo que lle corresponde. Non hai rexistro público libre.

Canto custa e como funciona a proba?

Na demo tratamos o prezo e as condicións para a vosa comunidade. A proba gratuíta de 3 meses valórase despois, cando hai encaixe e un acordo sobre como comezar con acompañamento.

AUGAS fai os trámites coa administración?

Prepara informes e dossiers cos datos rexistrados. A revisión e a presentación, tamén en SINAC, seguen a cargo das persoas responsables. AUGAS non envía eses trámites automaticamente.

Falamos da vosa comunidade

O primeiro paso é unha conversa.

Contádenos como vos organizades e que precisades resolver. Na demo veremos os percursos da app que máis vos poden axudar.

Despois, acordamos os datos que importar, os accesos e o acompañamento para comezar.

Unha demo coas vosas dúbidas sobre a mesa

Como podemos axudarvos?

No correo podedes indicarnos:

  • O nome da comunidade.
  • O que vos gustaría organizar mellor.
  • Se preferides falar por correo ou por teléfono.
Pedir unha demo por email

Abrirase o teu programa de correo cunha mensaxe que podes completar e revisar antes de enviala.

Tamén podes escribir directamente a info@augas.app.